A axenda cultural de Rianxo inclúe unha mostra interactiva, música e baile tradicional, o certame RianClown e as Festas do Carme

11 Xullo 2024

O Concello de Rianxo (Área de Cultura) compartiu a axenda de actividades culturais para esta fin de semana, unha relación de propostas de lecer na que tamén se inclúen as organizadas polas entidades asociativas con sede no concello ou vencelladas ao mesmo. Na axenda inclúese a inauguración dunha mostra interactiva na praza da Manuela sobre o Pacto Verde Europeo (Deputación da Coruña), música e baile tradicional (Ciclo de Bandas, Noite Folc na praza de Castelao), o certame RianClown, as Festas do Carme e unha mostra, que aínda podemos visitar, de pinturas do artista ribeirense Antonio Pérez sobre a xente do mar.

VENRES 12 DE XULLO

13.00 h. Praza da Manuela. Exposición Pacto Verde Europeo, inauguración cunha actuación artística que introducirá ao público na temática medioambiental a través de malabares, acrobacias e equilibrios.

SÁBADO 13 DE XULLO

13.00 h. Campo de Arriba. XIX Ciclo de Bandas, Banda de Música Municipal da Estrada.

MARTES 16 DE XULLO

22.00 h. Praza de Castelao. Noite Focl: SilvaRedonda e Ailá.

Nesta fin de semana, concretamente do venres 12 ao martes 16 de xullo, desenvolverase:

RianClown. VI Festival cómico de Rúa en Rianxo. Máis información

Festas do Carme de Rianxo.

EXPOSICIÓNS

Do 12 ao 29 de xullo. Praza da Manuela. Exposición Pacto Verde Europeo. Máis información

Ata o 26 de xullo. Sala de exposicións do Auditorio de Rianxo.  Exposición As Mulleres e o Mar, pinturas e gravados de Antonio Pérez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.