A auga da praia dos Areos volve ser apta para o baño

05 Xullo 2024

A contraanálise practicada pola Consellaría da Sanidade na praia dos Areos reflicte que a auga volve ser apta para o baño, segundo se lle comunicou no mediodía deste 5 de xullo ao Concello da Pobra do Caramiñal.

O Concello confirma que os niveis volven ser os habituais, “sen supor ningún perigo para a saúde das e dos bañistas deste areal, tralo episodio puntual de contaminación microbiolóxica sobre o cal recibiu a comunicación a Administración local na mañá do día 4”. Este detectouse ao abeiro do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025, con probas rutineiras entre os meses de maio e setembro para coñece-la evolución da calidade das augas para o obrigado cumprimento da normativa europea.

En consecuencia, a Concellaría do Medio Ambiente xa procedeu coa retirada dos carteis informativos que advertían de absterse do baño, temporalmente, na dita praia.

Cómpre lembrar que, un ano máis, as zonas de baño da Pobra acadaron a cualificación de “excelente”, segundo a clasificación sanitaria final na pasada tempada, vixente para este 2024. Aquí avaliáronse seis zonas de baño do litoral pobrense: A Barca, A Corna, Os Areos, A Illa, A Lombiña e Os Raposiños. Estes datos son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellaría da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental, e do Sistema de Información Nacional de Augas de Baño (Náyade).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.