Vista Alegre (Boiro) acolle este sábado 29 a II edición do Torneo Solidario Interparroquial en beneficio de ASANOG

28 Xuño 2024

O Concello de Boiro colabora un ano máis co Torneo Solidario Interparroquial en beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) que, chega á súa segunda edición o sábado 29 de xuño de 2024 en Vista Alegre. Na presentación da actividade, celebrada este 10 de xuño, estiveron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; Lara Buig e Víctor Rodríguez, da organización; e Aldara Palmeio e Yenny Rodríguez de ASANOG.

O torneo contará con fase de grupos, semifinal e final, no que van participar 8 equipos que representan a cada unha das parroquias. “O ano pasado foi un éxito en implicación e recadación, e esperamos que este ano se repita pola importancia da finalidade deste torneo”, afirmaron dende a organización.

“Para as familias ASANOG é un salvavidas”, recoñeceu Lara Buig que animou a colaborar co torneo mercando rifas ou realizando doazóns nas huchas repartidas polos establecementos de Boiro. O propio día do torneo, a partir das 17.00 horas en Vista Alegre, haberá sorteos de agasallos doados por establecementos boirenses entre todas as rifas vendidas.

“Dende ASANOG estamos moi contentos de volver formar parte deste evento que busca seguir recadando fondos para acompañar ás familias que están pasando por procesos oncolóxicos e aportar distintos servizos”, afirmaron.

A asociación leva dende o ano 2012 acompañando a familias e a recadación do torneo do ano pasado estivo destinada, esencialmente, a aumentar a atención psicolóxica grazas aos convenios con gabinetes de toda Galicia.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, animou á veciñanza a colaborar con este evento solidario “que vai moito mais alá do eido deportivo e ten esa finalidade solidaria, de recadar fondos para axudar ás familias de nenos e nenas oncolóxicos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.