Vista Alegre (Boiro) acolle este sábado o II torneo solidario en beneficio de ASANOG

24 Xuño 2024

O Campo de Fútbol de Vista Alegre, en Boiro, acolle este sábado 29 de xuño a segunda edición do torneo solidario interparroquial en beneficio da Asociación de Axuda a Niños Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Será a partir das 17.00 horas.

O torneo contará con fase de grupos, semifinal e final, no que van participar 8 equipos que representan a cada unha das parroquias.

A asociación leva dende o ano 2012 acompañando a familias e a recadación do torneo do ano pasado estivo destinada, esencialmente, a aumentar a atención psicolóxica grazas aos convenios con gabinetes de toda Galicia.

O días pasados o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, animou á veciñanza a colaborar con este evento solidario “que vai moito mais alá do eido deportivo e ten esa finalidade solidaria, de recadar fondos para axudar ás familias de nenos e nenas oncolóxicos”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.