Victoria B e San Tirso SD alzánse coa Copa Deputación da Coruña de Fútbol

22 Xuño 2024

O Victoria B feminino e o San Tirso SD masculino proclamáronse esta noite en Narón como equipos gañadores da Copa Deputación da Coruña de Fútbol 2024.

As xogadoras e xogadores de ambos os dous equipos recibiron o seu trofeo de mans do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, nun acto no que participaron tamén o deputado de Deportes, Antonio Leira, a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luís Villamisar, entre outras autoridades.

Na Copa Deputación feminina o Victoria B CF gañou ao EFM Boiro por 2 goles a 1, mentres que na masculina o San Tirso SD impúxose ao SD O Val de Narón por 1-0 nas finais deste campionato, celebrado no campo de fútbol municipal de Río Seco.

Os equipos gañadores das categorías masculina e feminina da Copa Deputación da Coruña conseguen automáticamente unha praza para a Supercopa Deputación, que disputarán este verán cos gañadores das outras competicións homólogas que se xogan nas provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense. O vencedor da Supercopa Deputación participará na fase previa da Copa do Rei de fútbol a vindeira tempada.

A Copa Deputación da Coruña é un dos torneos máis veteranos de cantos se disputan en Galicia, que este ano estreou un novo formato co participación dos catro clubs masculinos e os catro femininos vencedores das copas oficiais da Federación Galega de Fútbol na provincia (Copa A Coruña, Copa Costa da Morte, Copa Ferrol e a Copa Sar).

A Copa Deputación reparte este ano un total de 28.000 euros en premios, recibindo 5.000 euros e un trofeo os campións, 4.000 euros os subcampións, 3.000 euros os terceiros clasificados e 2.000 euros os cuartos.

COPA DEPUTACIÓN FEMININA

1º Victoria B CF

2º EFM Boiro

3º SD O Val de Narón

4º Xallas FC

COPA DEPUTACIÓN MASCULINA

1º San Tirso SD

2º SD O Val de Narón

3º Sigüeiro FC

4º Dumbría CF 

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.