O venres teremos aire moi cálido en superficie e frío nas capas altas da atmosfera, polo que será unha xornada de moita inestabilidade. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos treboentos, acompañados de aparato eléctrico, máis probables e intensos na metade sur da Comunidade. As temperaturas sufrirán un ascenso moderado. Os ventos soprarán frouxos do nordés, con refachos fortes no litoral entre Bares e Fisterra.
Atención para venres 07: Chuvascos treboentos localmente fortes acompañados dalgunha saraibadano sur do país.

O noso mar: Vento do norte, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do norte, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



