Unha vintena de clubs estarán representados este sábado na Regata FRINSA

28 Xuño 2024

J.C. Os vixentes campións galegos de ORC A Dos Masculina, Mixta, Monotipo J80, 0-3 e 4-5 estarán na liña de saída este sábado, na que volverá ser unha edición máis da Regata FRINSA, exitosa en convocatoria e organización.

Bon III, de Víctor Carrión; Fígaro 55, de Jesús Pintos; Cacto DIgital-Petrilla, de Jaime Barreiro; Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez; e Orión, de Javier Pérez, son os titulares dos cetros galegos disputados hai apenas 15 días, os de A Dos organizados polo Monte Real Club de Iates de Baiona, e o de ORC polo Real Club Náutico Portosín e Club Náutico Deportivo de Ribeira, todos tutelados pola Real Federación Galega de Vela.

Foto: Juan Caballero

Ata unha vintena de entidades náuticas estarán representadas na Regata FRINSA, con 40 embaixadores chegados desde todo o litoral galego, con veleiros da talla do Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar; Corsario, de Jorge Durán; Chispetrén, de Jesús Iglesias; Peperetes-Nortemar, de José Manuel Millán; Moucho, de Daniel Ayaso; Youkounkoun III, de Adolfo Castro; Ziralla Primero, de Ramón Barreiro; Ronáutica Marinas, de Joaquín Carnero; ou Travesío, de Beatriz Abalo, entre moitos outros, e que son firmes candidatos a estar en calquera dos tres banzos das súas respectivas Divisións, agrupados en Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro.

O top de saída está previsto ás 12 do mediodía desde as inmediacións do Club Náutico e Deportivo de Ribeira, cunha previsión meteorolóxica de vento do norte, entre os 7 e os 12 nós de intensidade, achegando unha compoñente cómoda para navegar algúns dos tres trazados que o comité da regata, presidido polo xuíz Miguel Cons, ten programados.

Previamente, ás 11 da mañá e nas instalacións do club de Ribeira, celebrarase unha reunión de patróns na que Cons dará a coñecer o percorrido definitivo.

Ao termo da regata e nas carpas habilitadas no porto deportivo, Ramiro Carregal entregará os premios da FRINSA, regata que neste ano 2024 cumpre 23 edicións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.