Unha muller trasladada na Illa de Arousa pola explosión dunha bombona que chegou a afectar a tres vivendas

24 Xuño 2024

Unha vivenda no municipio da Illa de Arousa sufriu unha explosión na tarde deste luns que deixou a unha muller ferida con queimaduras.

O estalido produciuse ao prender o quentador da casa, segundo informaron os Bombeiros do Salnés.

Un particular chamou ao 112 Galicia logo de que unha muller e un neno sufrisen queimaduras por mor dunha bombona de butano que estourou no seu domicilio, situado na Travesía do Castro. Durante a súa comunicación, realizada pouco antes das 15:00 horas, o alertador tamén indicou que a explosión non provocara ningún incendio.

Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia pasouse axiña o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Salnés, Policía Local da Illa e Garda Civil de Pontevedra.

A dotación de Bombeiros desprazada ata o lugar encargouse de limpar de escombros a vivenda, así como de comprobar a tubaxe do inmoble xa que o estalido da bombona parecera terse producido despois de prender o quentador da vivenda. Antes de regresar á base, explicaron que a bombona sufrira unha fuga e que, trala explosión, dúas vivendas máis víranse afectadas.

De igual maneira, as urxencias sanitarias indicáronlle ao 112 Galicia que tiveran que trasladar á muller por queimaduras, mentres que o rapaz non precisou ser evacuado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.