
Unha ocupación laboral na base naval gaditana de Rota como xefe de instrucción de rescatadores na base naval de Rota, conducen ao edil Rubén Lijó Santos, a tomar a decisión renunciar á súa acta como concelleiro da Corporación ribeirense por responsabilidade cos seus veciños.
A renuncia formalizarase no próximo pleno ordinario. Desde os populares agradecen todo o seu inmenso traballo e grandísimo compromiso, palpable, din, no día a día do labor como oposición. O PP de G desexalle o maior dos éxitos na súa ilusionante nova etapa profesional.
Rubén será substituído por Juana Brión Santamaría, quen xa dou mostras do seu facer na pasada Corporación 2019-2023 onde
desempeñou responsabilidades en áreas como Educación, Xuventude, Deportes, Administración, Innovación Tecnolóxica,
Transparencia, Atención ou Participación Cidadá.



