Ribeira reforza o servizo de socorrismo ampliando persoal e praias con vixilancia

22 Xuño 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, xunto co segundo tenente de alcalde, desprazáronse á praia de Coroso para presentar o novo servizo de socorrismo para as praias do municipio, que comezará a operar desde hoxe co obxectivo de garantir a seguridade dos bañistas.

Francisco Suárez destacou o compromiso do goberno local de ampliar o número de socorristas. “Cumprimos con ese mandato que adquirimos ante a veciñanza de Ribeira”, asegurou. “Este ano, como novidade, temos o aumento de efectivos que pasa de 12 a 23 socorristas e aumentamos o número de praias vixiadas: Coroso, O Vilar, A Ladeira, Castro-Catía e Río Azor”.

O alcalde tamén se referiu á ampliación da tempada de socorrismo, que pasa de 2 meses e 10 días a 3 meses, mellorando así a seguridade nos areais. “Ribeira, por primeira vez, terá este servizo en activo de xuño a setembro”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.