Ribeira avanza na mellora do aparcadoiro do Centenario adxudicando o servizo de conserxería

27 Xuño 2024

A municipalización do aparcadoiro da raza do Centenario fixo xurdir unha serie de necesidades entre as cales estaba a do servizo de conserxería, portería, limpeza, mantemento, control e supervisión do estacionamento. Segundo o Concello, “precisábase dispoñer de medios humanos e materiais que asegurasen o correcto funcionamento do parking, para prestar un adecuado servizo aos usuarios do mesmo durante 24 horas”. O contrato establecido garante, precisamente, este servizo, que foi adxudicado finalmente a Cycle Servicios Galicia, S.L. A empresa recibirá 337.270,56 euros en concepto de servizo para 2 anos e unha achega anual de 3.000€/ano para o material de mantemento simple que non requira de coñecementos específicos.

Entre outros servizos que se van realizar inclúense tarefas de reparación e mantemento simple que non requiran coñecementos especializados, seguridade, labores de limpeza integral, telefonía, hardware, software, uniformes, lei de prevención de riscos laborais, persoal, etc..

O alcalde Luís Pérez Barral explicou que “esta adxudicación supón dar un paso máis nesa mellora integral que dende o Goberno municipal de Ribeira queremos facer para dispor dun estacionamento céntrico e accesíbel economicamente, temos xa o aparcadoiro máis barato de toda o Barbanza, porque facemos unha aposta decidida para facilitar un espazo onde deixar o coche ás persoas que veñen que traballar ou mercar a Santa Uxía; por iso tamén quixemos establecer esas bonificacións adicionais ás persoas que consumen nos negocios da localidade, e polo tanto; agardamos con esta adxudicación do servizo de portería consigamos reforzar ese aparcadoiro que pasará a abrir as 24 h do día”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.