Rianxo e Dodro retoman os roteiros do Ulla o vindeiro 6 de xullo

21 Xuño 2024

O programa de roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o vindeiro 6 de xullo cunha ruta, As Brañas-Tres Cruces, organizada conxuntamente entre o Concello de Dodro e o Concello de Rianxo para desfrutar da fermosa paisaxe do treito final do río e do esteiro do Ulla. A actividade é de balde e as inscricións estarán abertas ata o día 3 de xullo. Quen precise máis información tena na web municipal rianxeira.

Por certo que o programa Goza do Ulla consta dun total de 18 andainas promovidas polos concellos bañados polo río Ulla (máis información no folleto do apartado de descargas).

O trazado previsto do itinerario deste 6 de xullo é lineal e percorre camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por varios lugares destacados da contorna do Ulla. Destacan o conxunto de hórreos da Lavandeira, As Brañas e As Tres Cruces, onde se atopa o Vía Crucis marítimo-fluvial do esteiro do río. O percorrido permitirá aos participantes desfrutar da paisaxe do esteiro, da ría de Arousa e da marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada.

Información da andaina:
​​​​​​Actividade de balde.
Data: Sábado, 6 de xullo.
Hora de inicio: 09:30 h
​​​​​​​Lugar de inicio: A Lavandeira, no lugar de Imo (Dodro).
GPS 42º42´45.71” N 8º43´26.63” O
Google maps
​​​​​​​Lugar de remate: Praza da Veliña, en Rañó (Leiro)
Duración (aprox.): Entre 3,5 e 4,5 horas, segundo o ritmo.
Distancia (aprox.): 18 Km
​​​​​​​Autobuses: Ao remate da andaina haberá servizo de autobuses para volver ao punto de inicio do roteiro.
​​​​​​​Mascotas: Non está permitido levar animais durante o percorrido desta actividade.
​​​​​​​

I
​​​​​​​
​​​​​​​

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.