O pasado sábado (15 de xuño) celebrouse a Festa dos Maiores de Dodro, un encontro de irmandade no que participaron preto de medio milleiro de persoas.
Os autobuses encargáronse de achegar aos convidados ao Pavillón Municipal, onde se celebrou a festa.
Ao remate tiveron tempo para bailar e Mª Rosa Vázquez Vázquez, de Paizal, e José Merino Gil, de Imo, foron agasallados de mans do alcalde, Xabier Castro, cunha peza de Cerámica Celta de Pontecesures.

A misa celebrouse previamente na Igrexa de San Xoán de Laíño. A intención do Goberno municipal é ir rotando o templo no que se celebre cada ano.

Foi, en palabras do Concello, “unha boa oportunidade para pasarmos un rato xuntos, un espazo de encontro que cada ano impulsamos desde o Concello para que os maiores desfruten”.



