Os Premios María Moliner distinguirán os proxectos máis innovadores das nosas bibliotecas

07 Xuño 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, informou da apertura dunha nova convocatoria do concurso Maria Moliner ao que poden concorrer os municipios de menos de 50.000 habitantes que conten con biblioteca municipal. Este concurso, convocado polo Ministerio de Cultura, ten como finalidade impulsar proxectos ou actividades de dinamización lectora que se desenvolvan a través dos ditos centros.

A subdelegada animou aos concellos da provincia que cumpran con estes dous requisitos a presentar os seus proxectos. O prazo estará aberto ata o próximo 21 de xuño, podendo presentar a solicitude en calquera das linguas oficiais. As entidades locais participantes poderán optar a un premio de 2.777 euros que pode chegar aos 10.000 se son seleccionados entre os 10 mellores da convocatoria.

Na pasada edición presentáronse 562 municipios de toda España, das que foron seleccionadas 370 bibliotecas. Na provincia da Coruña resultaron premiados cinco proxectos, os presentados pola Biblioteca Municipal de Ares, a Biblioteca Pública Municipal Concepción Arenal de Miño, a Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre de Ortigueira, a Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo e a Biblioteca Central de Oleiros. O cinco bibliotecas premiadas puideron destinar o premio á compra de libros ou publicacións periódicas en calquera soporte.

A subdelegada puxo en valor o traballo que se fai desde as bibliotecas municipais, especialmente nos pequenos concellos, xa que son “un espazo de socialización da veciñanza, en moitas ocasións un espazo de convivencia interxeracional, e tamén, un espazo de lecer onde a promoción da cultura e do coñecemento son a base do traballo diario”.

As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica do Ministerio de Cultura que, unha vez finalizado o prazo de presentación, iniciará o proceso de selección mediante a análise dunha serie de criterios, tendo en conta a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade.

O programa tamén reviste unha gran importancia estratéxica, xa que aproximadamente a metade da poboación española reside en municipios de menos de 50.000 habitantes, polo que a iniciativa ten un gran alcance no conxunto territorio. Na provincia da Coruña poderían presentarse 85 dos 93 concellos, xa que contan con biblioteca municipal e non superan os 50.000 habitantes.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Contra a incomunicación e o illamento

Continúa o importante labor da central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta A central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta fai un chamamento ás galegas e aos galegos para tirar proveito do servizo e atopar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.