Os Areos concentrará o groso das cacharelas de San Xoán na Pobra, con limitacións na Lombiña e Os Raposiños

06 Xuño 2024

O Concello da Pobra compartiu a información municipal relativa á vindeira celebración de San Xoán, na noite que vai do 23 so 24 de xuño. Os datos figuran nun bando publicado este 6 de xuño co que se regula as diferentes actividades que se poden realizar, sendo o obxectivo do Concello “potenciar a cultura e a tradición galegas, entre elas unha de gran arraigamento como é a festividade de San Xoán”. Segundo se explica no bando a xeito resumido, só se poderán facer cacharelas nos Areos (no treito vai dende a rampla ata a zona de duchas, no inicio do paseo dos Areos), na Lombiña (dúas fogueiras, unha na entrada e outra na contorna do campo de voleibol) e máis na de Raposiños (unha única fogueira).

De haber máis dunha solicitude para esas zonas, as persoas organizadoras deberán poñerse de acordo, do contrario daráselle prioridade á primeira solicitude presentada no rexistro, explícase no bando, onde se engade que as solicitudes para outros lugares onde se veñen celebrando de maneira tradicional serán atendidas individualmente e autorizadas ou non en función do risco que supoñan e da capacidade do Concello para realizar control sobre elas.

Ademais, todas as fogueiras deberán contar coa autorización do Concello e presentarán con antelación a solicitude no rexistro municipal ou na sede electrónica. A persoa asinante será a responsábel da fogueira e do cumprimento de todas as normas recollidas no bando.

Quedan especificamente prohibidas nas praias da Corna, A Illa e A Barca.

Establécense as seguintes condicións para a realización das fogueiras:

-O horario de inicio da actividade serán as 20:00 horas ou máis tarde, e deberá rematar antes das 03:00 horas.

-Non se establece un tamaño máximo da fogueira, determinarase en función do espazo no que se realice, garantindo sempre a seguridade das persoas, dos bens inmóbeis e da vexetación próxima, así como calquera outro elemento susceptíbel de ser afectado polo lume ou a alta temperatura.

-O material combustíbel será de orixe vexetal. Non se poderán utilizar combustíbeis de orixe inerte (plásticos, gomas, espumas etc. …) nin utilizar acelerantes (gasolina, gasóleo, disolventes…). A madeira que se poida empregar non debe conter restos metálicos (como por exemplo puntas ou cravos), nin de vidro nin de calquera outro tipo que poida supoñer un risco ambiental ou non sexa totalmente combustíbel.

-As persoas responsábeis deberán facerse cargo da limpeza e recollida de calquera tipo de residuo. Na praia dos Areos completarase ao día seguinte coa limpeza mecanizada por parte de persoal do Concello.

Outros artigos

Novo número de Código Cero no 25 aniversario da súa web

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital...

+

A Pobra do Caramiñal acolle este sábado a I Regata Remo de Mar Mecalsa

A praia dos Areos acollerá este sábado, 18 de xullo, a I Regata Remo de Mar Mecalsa, unha cita organizada polo Club Remo da Pobra e a Federación Galega de Remo que reunirá deportistas das categorías alevín, infantil e cadete nas modalidades C1X e C2X.  A xornada dará...

+

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.