O verán comeza este xoves 20 de xuño ás 22.51 horas

19 Xuño 2024

Na chuvia de estrelas Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto poderían verse ata 100 meteoros por hora, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

Santiago, mércores 19 de xuño de 2024.- Ás 22 horas e 51 minutos deste xoves 20 de xuño dará comezo o verán no hemisferio norte. Nese intre o Sol estará no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación (declinación máxima) con respecto do ecuador celeste. Nestes días, polo tanto, teremos a meirande diferencia entre o día e a noite. Porén, debido a que o tempo oficial se mide con respecto ao chamado Sol medio, sucede que o día no que o Sol sae antes xa foi o 15 de xuño e cando máis tarde ten lugar o solpor corresponde ao  27 deste mes.

A estación que agora comeza vaise prolongar ata as 14.44 horas do 22 de setembro, de maneira que estes 93,66 días fan que o verán boreal sexa a estación máis longa das catro. O día 5 de xullo, a Terra pasará polo afelio, punto de máxima distancia ao Sol, sendo esta de 152,1 millóns de quilómetros. A distancia mínima (perihelio) tivo lugar o 3 de xaneiro,  a unha distancia de 147,1 millóns de quilómetros.

Perseidas e cometa

Este ano, a visión da chuvia de estrelas Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto vai coincidir coa Lúa en cuarto crecente, o cal apenas vai afectar a visión dos meteoros dado que en Galicia o noso satélite natural se ocultará sobre a unha da madrugada. Dende lugares sen contaminación luminosa poderían chegarse a observar sobre 100 meteoros/hora, contando tamén os moi febles. Ademais, a comezos de xullo existe a posibilidade de poder observar a simple vista o cometa 13/P Olbers.

Xusto a finais do verán (entre as  4.13 e as 5.16 horas na noite do 17 ao 18 de setembro) vai ter lugar unha eclipse parcial de Lúa pero de moi pouca magnitude, sendo practicamente penumbral. Precisamente, esta data coa Lúa chea vai coincidir  coa mínima distancia Terra-Lúa (perixeo lunar), o cal traerá como consecuencia  importantes mareas vivas, máis aínda estando tan preto do equinoccio.

En canto aos planetas hai que comentar que actualmente Marte, Xúpiter e Saturno son visibles ao amencer, seguindo así no mes de xullo, pero podéndose xa ver dende mediados dese mes Venus logo do solpor. Haberá que agardar a setembro para que Saturno poda ser observado ao longo de toda a noite. A mediados de agosto asistiremos a un curioso achegamento aparente de Marte e Xúpiter, en tanto que o día 21 do mesmo mes, a Lúa ocultará a Saturno.

Divulgación astronómica

Como en anos precedentes, durante o verán o Observatorio Astronómico Ramón María Aller vai impartir sesións públicas de divulgación astronómica en varios concellos galegos. Este ano a través de programas financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación, a Xunta de Galicia e mais o Consello Social da USC.

Nota meteorolóxica

Estando afeitos ás primaveras secas nestes últimos anos, a que agora remata, con 46  días de precipitación (o 50%), pode considerarse xa normal. En total medíronse na estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller 480 litros/m2, distribuídos así: final de marzo, 102,4; abril, 169,6; maio, 184,3, e vinte primeiros días de xuño, 46,2. Compre destacar a cantidade de chuvia recollida o 3 de maio:  68,7 litros/m2, e o 26 de abril,  44,2 l/m2.

A temperatura máxima da primavera acadouse o 12 de abril con 29º6, seguida dos 28º8 do 10 de maio, e os 28º7 do 13 de abril. Pola contra a temperatura mínima rexistrouse o 29 de abril con 2º7.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.