O Museo do Gravado de Artes inaugura o 22 de xuño unha mostra sobre a faceta ilustradora de Doroteo Arnáiz

15 Xuño 2024

O Museo do Gravado de Artes vai inaugurar os días vindeiros unha nova exposición: a mostra Doroteo Arnáiz. Ilustrador. O acto de inauguración celebrarase o vindeiro sábado 22 de xuño ás 13.00 horas, na Sala 0 do Museo do Gravado.

A exposición mostra tres series do gran artista madrileño Doroteo Arnáiz residente na Coruña:

Rimas, de Gustavo Adolfo Bécquer: 12 augafortes (1977)

Cien sonetos de amor, de Pablo Neruda: 100 augafortes, augatintas, maneira negra (1978)

Shanshô Dôei, selección de wakas do maestro xaponés Eihei Dôgen: 16 augafortes, augatintas, maneira negra (2024)

Doroteo Arnaiz (ficha da Colección de Arte de Abanca)

Doroteo Arnaiz naceu en Madrid en 1936 e está afincado en Galicia. Estudou na Escola de Artes Gráficas de Madrid e na Escola Nacional de Belas Artes de París de 1960 a 1968, onde coñeceu e conviviu cos artistas da época. Anos despois é nomeado profesor de gravado da Universidade de París Norte (1971). Tamén foi profesor convidado da Academia de Belas Artes de Lieja (1978). Entre 1980 e 1985 foi director da Calcografía Nacional de Madrid, onde realizou un traballo de gran mérito.

Foi premiado en diversas manifestacións internacionais, entre outras as Bienais de París, Lieja e Brest, e gañou a medalla de ouro no XVII Salón de Gravado de Madrid. Ilustrou dous importantes poemarios españois: as Rimas, de Bécquer, con doce gravados en cor e Cien sonetos de Amor, de Pablo Neruda, con cen gravados en branco e negro. Realizou preto de trinta exposicións individuais desde 1957, en Madrid, París, Selecta, Santander, Washington, Nova York, Milán, Bilbao, Ámsterdam, etc. Destacan entre elas Crónica de una década (1965-1975) e Presencia española en París (1989). Fundou o Centro de Gravado Contemporáneo (CEGRAC) na Coruña, onde desenvolve unha actividade moi importante na área do gravado contemporáneo.

Nos últimos anos realizou retrospectivas da súa obra, entre as que cabe destacar as do Museo de Arte Moderna de Bilbao, Museo de Arte Contemporánea de Madrid, Quiosco Alfonso da Coruña ou o Palacio das Artes de Brest. Participou en máis de duascentas exposicións colectivas, entre outras as Exposicións Nacionais de Belas Artes de Madrid, os Salóns de Maio e Bienal de Gravado de París, a Bienal de São Paulo, a Bienal de Cracovia, a Bienal de Kioto, a Trienal de Nova Deli, etc. Nos seus traballos sobresae a unidade de estilo e de temática. A súa obra parte dun expresionismo próximo á abstracción que é substituído por unha estética próxima ao pop, caracterizada polo uso dunha figuración de volumes xeométricos e claramente definidos.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.