O Museo de Artes do Gravado acolle a exposición OS MONOS DE LAXEIRO. Obra humorística na prensa

01 Xuño 2024

Esta exposición procede dos fondos da Fundación Laxeiro de Vigo froito da colaboración entre esta entidade e a Fundación Museo de Artes do Gravado.

Museo de Artes do Gravado

A exposición OS MONOS DE LAXEIRO. Obra humorística na prensa, inaugurouse este venres na sala 1 no Museo da Fundación de Artes do Gravado.

Esta exposición procede dos fondos da Fundación Laxeiro de Vigo froito da colaboración entre esta entidade e a Fundación Museo de Artes do Gravado.

Agardando poidas ter en consideración a seguinte invitación e quedando á túa disposición, recibe un forte abrazo.

Os monos de Laxeiro, a obra gráfica que publicou Laxeiro entre o 13 de setembro 1928 e 24 de xaneiro de 1930 nos xornais da cidade olívica Faro de Vigo e El Pueblo Gallego, 49 viñetas que nos mostran os seus comezos artísticos cando é un mozo de 20 e 21 anos e aínda exerce de barbeiro. Faino nun momento de auxe do humor galego que vai de 1909 á guerra civil, unha época na que sobrancean os nomes de Castelao, Maside, Torres, Fernández Mazas, Seoane, Cebreiro, Colmeiro e outra corentena de humoristas galegos. É o momento dos NOVOS, de anovar a arte galega, de mesturar o enxebre coas leccións da vangarda europea. Un momento, ademais, que dende 1926 se dá unha “chamada á orde”, é dicir, unha volta á figuración con distintos nomes: expresionismo, Nova Obxectividade, Valores Plásticos.

Laxeiro, que xa recibira formación artística na emigración cubana, está agora buscando o seu camiño, probando estilos: expresionismo, realismo, a síntese de liña clara. Case sempre a partir da vida rural, con textos irónicos, unha visión do pobo galego dende dentro. O apoio de varios xornalistas e de Colmeiro, pemitiralle na década dos trinta formarse na Academia de Belas Artes de San Fernando. E logo, xa un estilo inconfundible que o converteron nun dos grandes artistas galegos do século XX.

É de moito interese esta exposición para comprendermos as orixes artísticas de Laxeiro, os seus primeiros pasos, o seu interese por anovar a arte galega. E isto nunha época na que ningún dos grandes da arte galega deixou de experimentar co humor gráfico: de Castelao a Seoane, de Fernández Mazas a Maside, de Cebreiro da Asorey, de Luis Huici a Prieto Nespereira… Máis de 50 nomes están censados no humorismo galego de preguerra, un momento de esplendor da arte galega.

Quero rematar dando ás grazas á Fundación Laxeiro e ao seu director artístico, Javier Pérez Buján e ao Concello de Vigo e a súa Rede de Museos ao permitirnos mostrar neste Museo do Gravado de Artes os inicios dun gran artista e unha cara bastante descoñecida do seu quefacer, non moi lonxe nestes debuxos da arte da gravado.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...