O libro que documenta as mulleres pioneiras do deporte en Boiro preséntase en este sábado na Casa da Cultura

24 Xuño 2024

O sábado 29 de xullo a Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro vai acoller a presentación do libro Das pioneiras ás primeiras federadas, de Antón Rodríguez Gallardo, que estará no acto acompañado de Clodio González, coordinador da editorial noiesa Toxosoutos, Vanessa Rial, ex xogadora internacional de rugbi, Milatros Torrado, secretaria da Asociación Cultural Barbantia, e José Ramón Romero, alcalde de Boiro. A presentación, organizada pola AC Barbantia e o Concello boirense, contará coa actuación músical de Sonia Lebedynski e Gabril Riveiro.

Das pioneiras ás primeiras federadas. Unha historia social do deporte feminino en Boiro é un libro editado polo selo da nosa comarca Toxosoutos que nos achega, como se indica no seu título, ás deportistas pioneiras de Boiro, ofrecéndonos unha historia con perspectiva de xénero que “pon o foco sobre as mulleres dunha realidade galega e española que pasaron dos anhelos de liberdade a ter que socializar e expresarse nunha ditadura que as contemplaba supeditada ao home e, a pesar disto, planeaba a súa participación nunha rede deportiva de orientación filofascista que evolucionaría dende os tempos da vitoria até o tardofranquismo”.

Trátase, en palabras da editorial, “dun traballo local e universal sobre o deporte, a sociedade e a muller; un traballo perfectamente concluído e, polo tanto, aberto a ser continuado, porque, con seguridade, a lectura destas liñas convidarán a querer saber máis sobre as mulleres deportistas de Boiro”.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...