O Eagle Eye activa en Galicia unha operación militar que simulará unha batalla aérea sobre Noia

17 Xuño 2024

Máis de 3.000 efecivos do Exército español, a metade deles pertencentes ao Exército do Aire e do Espazo, participan na despregadura ata o día 21 deste mes.

Cazas, fragatas e artillería antiaérea simularán unha batalla de tres días sobre ceo galego, nunha misión que serve de adestramento e que permite ensaiar a integración cos medios marítimos e terrestes.

Canóns de artillería antiaérea protexen desde hoxe o aeródromo militar de Santiago de Compostela do que podería ser un ataque simulado de cazas inimigos. Son parte da operación Eagle Eye 24-02, que desprega en Galicia, en especial na zona do Barbanza, un operativo en que participan 3.000 efectivos. 

Corenta e cinco militares da Eurofighter C.16 de Sevilla adestran o labor de Policía Aérea. O que se ensaia é tamén a coordinación cos medios terrestres e navais. A fragata Álvaro de Bazán únese con 200 efectivos e o Exército de Terra está representado coa unidade Hércules, que trae á zona do Barbanza os dispositivos de mísiles antiaéreos.

É a segunda vez que Eagle Eye, ollo de aguia, se desprega en Galicia. Todo un operativo destinado a estar sempre en condicións de defender a sociedade civil e a democracia en todo o territorio español. TVG

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...