O conselleiro José González visitou a Casa RIA (Santiago) de David Chipperfield

21 Xuño 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou na mañá deste venres 21 de xuño a Casa RIA, que estrea en Santiago de Compostela o arquitecto británico e premio Pritzker David Chipperfield, responsábel da Fundación RIA (con sede principal en Corrubedo e afincando nesta vila mariñeira ribeirense). Alí, González destacou “a aposta do novo inmóbel pola captación de talento”, xa que destinará un dos seus espazos a unha residencia onde estudantes de arquitectura e doutras disciplinas de todo o mundo poderán pasar tempadas na capital galega, ao tempo que reciben formación de expertos e intercambian experiencias.

Durante a visita o conselleiro estivo acompañado, ademais de por David Chipperfield, polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; Joaquín Macho, e polo director da Fundación RIA, Manuel Rodríguez.

José González tamén loou a iniciativa porque, ao seu xuízo, permite presentar Galicia como destino atractivo para traballar e emprender. Aproveitou para destacar o compromiso de Chipperfield e da súa Fundación RIA coa dinamización e vertebración do territorio galego, potenciando novas perspectivas arredor da economía, do urbanismo, da arquitectura e do propio deseño das vilas e cidades.

A Casa RIA é un novo espazo aberto á comunidade no centro de Santiago de Compostela, na rúa Virxe da Cerca (sita no antigo Sanatorio da Virxe da Cerca), en pleno centro histórico compostelán, no que se desenvolverá un amplo programa público de actividades. Este proxecto enmárcase dentro da Fundación RIA, institución sen ánimo de lucro fundada por David Chipperfield en 2017, que se dedica á análise, a reflexión e a planificación territorial estratéxica e a reivindicar os tradicionais usos e costumes construtivos e urbanísticos e ambientais do Barbanza. A Casa RIA será inaugurada oficialmente este mes de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.