O Concello de Rianxo contará con 525.000€ do Plan Único da Deputación da Coruña

14 Xuño 2024

O Concello de Rianxo fixo balance esta semana dos recursos que pon á súa disposición a Deputación da Coruña a través do Plan Único da institución provincial. Estamos a falar dunha contía de 525.000€, que segundo explican fontes do Consistorio, destinarase fundamentalmente a mellorar cuestións pendentes de abastecemento e saneamento de auga en diferentes núcleos das parroquias, e tamén a avanzar en iluminación sustentábel, en conciliación familiar e en atención a persoas dependentes.

-Ampliación de redes de abastecemento e saneamento no lugar de Villanustre (Asados) para darlle servizo a 12 vivendas – 197.582,00€.

-Conexión de rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro (Taragoña) coa finalidade de seguir ampliando a rede cara a parroquia de Araño – 90.713,70€.

-Dous proxectos para a mellor da iluminación en dúas terceiras partes do paseo marítimo – 80.000,00€.

-Un total de 72.793,40€ para gastos sociais, entre os que destacan os 20.000€ para a posta en funcionamento de medidas de conciliación familiar no Concello de Rianxo, ou os 8.000€ que se destinarán á creación dunha liña de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...