O Concello de Rianxo amplía as prazas do Campamento Concilia de Verán

09 Xuño 2024

O Concello de Rianxo informou da ampliación das prazas inicialmente previstas do Campamento Concilia Verán 2024 coa finalidade de “atender a gran demanda de prazas por parte das familias rianxeiras”. O campamento, destinado á rapazada de entre 3 e 12 anos, desenvolverase no IES Félix Muriel, no CEIP Ana María Diéguez e no CEP Brea Segade dende o 24 de xuño ata o 30 de agosto. Ademais, contará con Plan Madruga. O Concello publicou na Rede as listaxes provisionais de admitidos/as e máis a información das bases e condicións do Campamento.

Na edición do ano pasado participaron máis de máis de 240 rapaces e rapazas de entre 4 e 11 anos.

O campamento é un xeito de botar unha man ás familias que máis precisan atopar alternativas de lecer para rapazada durante este verán e con formato de horario estendido.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.