O Concello de Lousame e Abanca ensinarán aos maiores a usar caixeiros

07 Xuño 2024

O Concello de Lousame e Abanca organizan unha sesión formativa dirixida a que persoas maiores do municipio aprendan a utilizar os caixeiros da entidade dunha forma doada e segura. Esta actividade desenvolverase o vindeiro martes 18 de xuño, ás 11:00 horas, na Casa Consistorial en Portobravo, onde Abanca instalou un caixeiro en marzo de 2022 (na imaxe).

Unha formadora de Abanca explicará aos maiores de Lousame como funciona o caixeiro e cales son as operacións máis habituais que se poden realizar.

A formación incluirá unha primeira presentación en imaxes para despois poñer a proba os coñecementos adquiridos sobre o propio caixeiro, resolvendo así as dúbidas que lles vaian xurdindo. A mestra fará fincapé en que as xestións se poden facer con confianza e con todas as garantías de seguridade, sempre que se sigan as recomendacións básicas de seguridade.

A participación nesta actividade, enmarcada no Programa de Educación Financeira de Abanca, é totalmente libre e de balde, polo que non é precisa inscrición previa. Esta será a segunda formación que a entidade ofreza en Lousame despois da instalación do caixeiro na fachada da propia casa consistorial en marzo de 2022, grazas á colaboración da Xunta de Galicia. A maiores, o propio Concello de Lousame organizara un Taller de manexo do caixeiro en xullo do mesmo ano, en colaboración coa Consellería de Política Social a través do programa Mantente ao día.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.