O Concello de Boiro sacou a licitación as autorizacións para a instalación de atracción feirais e postos con motivo das Festas do Verán 2024. O prazo de presentación de ofertas está aberto entre o 25 e o 28 de xullo e deberá facerse mediante sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello de Boiro.
As autorizacións que se adxudiquen serán aos períodos das Festas do Verán 2024, que van dende as 18.00 horas do 5 de xullo e ata a madrugada do 10 de xullo, podendo prolongarse ata o día 11 se ese día o custo das atraccións é do 50%. A montaxe poderá comezar ás 16.00 horas do 2 de xullo e o domino público deberá quedar liberado ás 00.00 horas do 12 de xullo.
A listaxe de postos e os tipos de licitación e toda a información sobre o proceso está dispoñíbel nos pregos que se atopan na páxina web municipal.




