O Concello de Boiro impulsa os xogos tradicionais nas parroquias

14 Xuño 2024

O Concello de Boiro leva os xogos tradicionais ás parroquias mediante o programa Xogantina para fomentar o os xogos populares e inclusivos. No marco desta actividade vaise desenvolver unha xornada de actividades lúdicas tradicionais destinada aos centros de ensino e vanse programar distintas accións en todas as parroquias.

A xornada destinada aos centros de ensino será o 19 de xuño de 10.00 a 13.00 horas no Parque da Cachada e nela van participar os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Boiro, a Asociación Amicos e persoas usuarias do Centro de Día de Boiro. Haberá xogos guiados como o tiro á corda, carreira de sacos, salto da corda ou brilé; así como outros xogos polo recinto como zancos, aros, chapas, anillas

Ademais, no marco das distintas festas populares do municipio, vanse desenvolver xogos tradicionais tamén nas parroquias. A primeira das xornadas de Xogantina nas parroquias terá lugar este sábado na Boliña, no Campo de Revelar, o sábado de 17.00 a 19.00 horas.

As actividades continuarán en Comoxo o día 29 de xuño; Escarabote o 22 de xullo; Abanqueiro o 2 de agosto; Boiro, no paseo marítimo de Barraña, o 13 de agosto; San Ramón de Bealo o 30 de agosto; e Cespón o 7 de setembro. Estas xornadas de xogos populares irán acompañadas de espectáculos de animación infantil.

Xogantina ten como obxectivo fomentar os xogos tradicionais, que contribúen á adquisición de valores, á socialización e ao fomento da creatividade, así como proporcionar propostas lúdicas destinadas a un público familiar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...