O Centro Lustres Rivas acolleu unha lectura poética da obra de Ánxela Gracián

24 Xuño 2024

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu esta fin de semana unha lectura da obra poética de Ánxela Gracián. A autora estivo acompañada pola concelleira de Educación e Igualdade do Concello de Ribeira, Cruz Rivadulla Márquez, pola tamén escritora Patricia Torrado Queiruga, e o editor da Editorial Fervenza, Manuel Núñez.

Unha pequena introdución a cargo da técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, deu o pé para comezar o acto.

Cruz Rivadulla fixo unha sentida presentación da autora destacando a súa entrega e excelencia como profesora de Literatura no IV Ciclo da USC, da que ela mesma foi alumna. Agradeceulle especialmente “os intres que grazas a Ánxela puidemos pasar na compaña do profesor Alonso Montero e tantos outros nos que o contido literario prendeu no grupo de alumnos e alumnas de Ribeira”.

Logo foi a quenda de Ánxela Gracián quen agradeceu a compaña do público e da mesa. E comezou xa o percorrido pola obra Memoria iluminada, na que a nenez e a recuperación da memoria están presentes en cada verso, arrincando os aplausos do público na lectura de cada poema. O acto tamén incluíu unha vertente musical coa voz de Emilio Rúa, que interpretou pezas de Paisaxes de pan, de Ánxela Gracián.

As intervencións de Patricia Torrado, a conversa entre poetas, facilitaron que Ánxela afondase en cada un dos detalles líricos, dándolle a quen le as claves para encher de contido cada recuncho da obra.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.