O CEIP de Frións fixo unha limpeza na praia de Castro-Catía xunto con Amicos

13 Xuño 2024

Este mércores 12 de xuño o alumnado do CEIP de Frións, xunto coa asociación inclusiva da nosa comarca Amicos e a colaboración do Concello Ribeira, levaron a cabo unha xornada de limpeza de refugallos nas praias de Castro e Catía, entre as parroquias de Castiñeiras e Aguiño.

O Concello fixo a xestión con Medio Ambiente para informar do protocolo a seguir na limpeza, xa que “atopámonos cunha praia onde aniña a píllara da dunas”, sinalaron os representantes do Goberno local.

O segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, xunto ca concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, estiveron recollendo residuos e plásticos con tres bolsas para as diferentes tipoloxías de lixo e a súa posterior pesaxe.

A xornada rematou cunha xincana e coas intervencións do profesorado e concelleiros, que incidiron na concienciación polo medio ambiente e o exitoso proxecto de conservación da píllara que se está a exportar a outros lugares de Europa.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.