O ano escolar conclúe en Outes este sábado coa Xeira de Fin de Curso coas Familias, na Horta do Muíño dende o mediodía

20 Xuño 2024

A Horta do Muíño de Outes vai albergar esta fin de semana, o sábado 22 de xuño, a gran fala final do ano académico no concello: a Xeira de Fin de Curso coas Familias, no que está chamada a participar toda a comunidade educativa, incluído o alumnado pero tamén o profesorado e, por suposto, as familias das e dos escolares. Será unha data chea de actividades e espectáculos culturais (música, monicreques, circo, narracións).

As persoas que desexen reservar sitio para xantar deben anotarse a través do formulario habilitado na páxina web outes.gal/eventos.

O programa comezará ás 12.30 horas co espectáculo de monicreques Vacacións no mar, a cargo de Títeres Mircromina. Ás 14.00 horas celebrarase o xantar popular e unha vez rematado volverán os espectáculos, por exemplo a función de narracións orais Tinta do mar, a cargo de Polo Correo do Vento (en homenaxe á poeta Luísa Villalta, homenaxeada na pasada festividade das Letras Galegas).

Ás 17.30 actuará o multiinstrumentista galego Paco Nogueiras, presentando o seu espectáculo C@nto Contigo, no que fai un percorrido polos seus grandes éxitos musicais para pequenos e para maiores. Ás 19.00 horas será a quenda do espectáculo circense O último que apague a luz, de A Vela Circo.

Durante toda a xornada estará habilitado un stand de Alas A Coruña, asociación de defensa das persoas LGTBIQ+.

Organizan e colaboran o Concello de Outes e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.