No Youtube un vídeo apoiado pola Xunta que busca concienciar sobre a importancia ecolóxica da gaivota patiamarela

21 Xuño 2024

Xa está dispoñíbel na Rede o documental Querida gaivota maldita!, unha curtametraxe divulgativa que busca concienciar
sobre a importancia ecolóxica da gaivota patiamarela, e que contou para a súa realización co apoio económico do Executivo autonómico.

Cómpre subliñar que a comunidade e, especialmente, os catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia albergan unha das maiores colonias de cría desta especie, que nas últimas dúas décadas experimentou unha redución notábel no número de parellas reprodutoras. O documental explica con detalle os traballos de conservación da gaivota patiamarela realizados polo Parque Nacional —dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático—, centrados no seguimento das poboacións nas illas, na protección das zonas de cría e na loita e investigación contra a enfermidade descoñecida que as afecta desde hai uns anos, medidas coas que se pretende frear o seu declive.

A Consellería de Medio Ambiente explica que “de feito, estas aves mariñas son unha especie ameazada e bastante descoñecida a pesar da súa presenza habitual nos paseos marítimos e terrazas de todo o litoral galego e de que xogan un papel ecolóxico de grande importancia para os ecosistemas costeiros e a súa cadea trófica grazas, entre outras cuestións, á súa variada dieta”.

A través desta peza audiovisual, búscase, tamén, espertar conciencias para que o público en xeral descubra ás gaivotas patiamarelas, a importante función ecolóxica que cumpren e a necesidade de traballar entre todos na súa conservación e protección.

Axuda económica e divulgación vía Youtube

Producido por Ibis Natureza e Imaxe e dirixido por Manuel Pedrosa e Mariam Mariño, o traballo recibiu unha subvención de 18.000 euros da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ao abeiro da convocatoria do ano 2023 das axudas para proxectos relacionados coa área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Como dixemos, o vídeo xa está dispoñíbel para a súa visualización en liña na canle de Youtube oficial do Parque Nacional.

Amais, a curtametraxe Querida gaivota maldita! participará no concurso SunCine, un prestixioso festival internacional de cinema de temática medioambiental que este ano celebra a súa 31ª edición, o que o converte no certame máis antigo do mundo no seu xénero.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...