Muros celebrou o Orgullo cun pregón de Manu de Abelleira e unha multitudinaria festa “holi”

29 Xuño 2024

Muros celebrou este venres 28 de xuño, con gran éxito de participación veciñal (e con participantes de todas as idades), a súa primeira Festa Holi, co pregón de Manu de Abelleira e actividades para todas as idades na praza do Curro. Estas actividades formaron parte das celebracións do Orgullo de Muros e encádranse á súa vez na programación das Festas de San Pedro.

As festas proseguiron este sábado cunha manchea de propostas para veciños e visitantes de todas as idades.

As Festas de San Pedro de Muros desenvólvense entre o venres 28 e o domingo 30 de xuño. Como gran novidade, este ano celebrouse este venres 28 a Festa do Orgullo, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGTB. Houbo, como dixemos, unha concentración e unha lectura dun manifesto reivindicativo, ademais dunha celebración colectiva: a Festa Holi. Muros con Orgullo. Tamén actuaron (a continuación) Paco Nogueiras e as orquestras Miramar e Claxxon.

Este sábado houbo procesión e misa cantada, varias actuacións musicais e fogos de artificio, mentres que o domingo, como fin de festa, Muros acollerá A Noite da Nasmo, un festival cos grupos dos locais de ensaio municipais (no curro da Praza).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.