O segundo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este xoves 27 de xuño as actuacións que o Festival Internacional Atlántica de Narración Oral desenvolverá no concello. O edil anunciou as datas das actuacións o 5 e 6 de xullo, e sinalou que “este festival busca enxalzar a narración oral e poñer en valor distintos espazos dos concellos onde se levan a cabo”. As actuacións serán de balde.
O venres 5 ás 21.00 h no lavadoiro da Penisqueira, en Aguiño, celebrarse o espectáculo A voltas cos contos con María da Pontragha.
O sábado, 6 de xullo ás 21.00 h no parque de San Roque presentaranse os Contos da revolución entre Brassens e Neira vilas, con Dani Blanco e Zé Pomar, que farán unha viaxe musical e narrativa dende a cidade porteña aos barrios do Paris máis revolucionario do pasado século XX.




