Máis dunha vintena de embarcacións tomarán a saída este sábado na XXIV Regata Ramiro Carregal Rey (Gran Trofeo Faro de Corrubedo)

20 Xuño 2024

Juan Caballero. Máis dunha vintena de embarcacións inscribíronse na XXIV Regata Ramiro Carregal Rey, o Gran Trofeo Faro de Corrubedo que organiza o Real Club Náutico Portosín en colaboración coa Real Federación Galega de Vela e o Club Náutico Deportivo de Ribeira.

Ás 12 do mediodía deste sábado 22 de xuño, a condición de que as condicións meteorolóxicas así o permitan, máis dunha de vintena de embarcacións tomarán a saída desde as inmediacións da bocana de entrada ao porto deportivo do Real de Portosín, poñendo proa cara ao saída sur da ría de Muros e Noia cara a ría de Arousa para acometer logo unha travesía de gran beleza paisaxística.

Serán unhas 22 millas náuticas – algo máis de 35 km – nun trazado marítimo no que non se poderá baixar a garda en ningún momento debido aos baixos rochosos da zona.

A derrota marítima máis curta será a de penetrar polos pasos do Carreiro ou o de Sagres, ambos coa dificultade que entrañan as pedras que os defenden celosamente, co hándicap da ondada que as mesmas formacións poden chegar a montar, se o mar está cheo e con enerxía. No caso de que esta opción non sexa válida, pola seguridade dos regatistas, o comité da Ramiro Carregal Rey indicaría o contorneo á illa de Sálvora, navegando polo seu exterior e buscando un rumbo máis aberto, onde as ondas sexan moito máis negociables para os veleiros.

Previamente, na baixada, haberá que atender aos baixos de Basoñas e a pedra de Filgueira, que serán outras das prioridades para salvar polos responsables da navegación a bordo, estando moi atentos á súa localización nas cartas mariñas ou na electrónica dos veleiros.

Unha vez penetrados no interior da ria de Arousa, a navegación xa será máis tranquila, un momento estratéxico para expor unha boa táctica e chegar co velame coma unha bala, se a intensidade do vento o permite, ata as inmediacións do Deportivo de Ribeira, onde estará situada a chegada.

Texto e fotos de Juan Caballero


O Real Club Náutico Portosín organizou unha loxística de desprazamentos por estrada para levar aos regatistas dun porto a outro, tanto nas horas previas á saída como ao seu termo.

O Top, para a xornada sabatina, está previsto ás 12.00 do mediodía, na ría muradá e noiesa, cunha previsión de vento moi roldón pero que á hora da saída mandará do noroeste, con intensidades variables entre os 8 e os 12 nós, o que facilitaría unha travesía máis lineal.

O domingo, e tamén con saída ás 12.00 horas, os treitos serán máis técnicos, celebrando, como mínimo, unha manga polo interior da ría arousá, nas inmediacións de Ribeira, do tipo barlovento-sotavento, un trazado entre boias que poñerá en xogo a destreza das tripulacións nas súas manobras e que o comité da regata está a barallar a súa lonxitude que poderá oscilar entre as 6 e as 8 millas, dependendo do vento reinante na propia ría.

O Real Club Náutico Portosín presenta unha excelente frota de veleiros que tratarán de facerse co Gran Trofeo Faro de Corrubedo, tendo representantes nas tres divisións naturais como son Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, con nomes como o Siradella, Dracco, Bacor, Indalo Nono ou Escora, veleiros que llas terán que ver con embaixadores de gran nivel como o Corsario, do Club de Iates de Vilagarcía; o Cámping Ría de Arousa, do Club Náutico Arousa Norte; o Piko Norte, do Club Náutico de Boiro; o Moucho, do Deportivo de Ribeira; o Bon III, do Club Náutico Punta Lagoa e actual campión galego de dous en dous e vixente gañador da anterior edición do Gran Trofeo Faro de Corrubedo; o Ronáutica Marinas, do Club Náutico Santo Telmo; o Ziralla Primero, do Ro Yacht Club; ou o Exit Manitú, do Liceo Marítimo de Bouzas, entre outros.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.