Lustres Rivas protagonista dunha reportaxe en “publico.es”

29 Xuño 2024

O xornalista e escritor ribeirense Manuel Lutres Rivas, asasinado o 10 de novembro de 1936, é o protagonista dunha ampla reportaxe que o dixital “publico.es“, publica este sábado. Redactado por Laura Anido e coa colaboración de Xosé María Fernández Pazos, José Antonio Ventoso Mariño e Manuel Ruíz Rivas, o artigo pasa revista á traxectoria do insigne ribeirense.

Baixo o título ” Manuel Lustres Rivas, el galleguista que luchó contra el caciquismo y fue asesinado por los franquistas”, a redactora recolle aspectos da vida do “Escritor, loitador social pero sobre todo, xornalista. Manuel Lustres Rivas (1888, Ribeira) que foi asasinado polo réxime franquista debido aos seus ideais políticos. O ribeirense estaba moi vinculado ao galeguismo e os movemento agraristas. Buscaba loitar pola defensa dos dereitos do campesiñado galego e acabar co caciquismo da época“. Máis información en “riveira.info“.

Casa natal de Lustres Rivas, @Arquivo Xosé María Fdez. Pazos

No 2016 coincidindo co 80 aniversario do seu asasinato o Concello de Ribeira presidido por Manuel Ruíz Rivas, fixo unha edición facsímil da obra “Pandemonium” editada en 1917 e que recollía artigos de Lustres Rivas editados na prensa da época, unha edición que foi agasallada ós veciños. Tamén no 2013, o goberno local, presidido por Ruiz–familiar de Lustres– inaugurou o Centro Cultural que leva o nome do xornalista para poñer en valor a memoria e a cultura.

Con anterioridade o 5 de decembro de 1986, o Pleno do Concello de Ribeira que presidía o socialista, José Antonio Ventoso Mariño, estaba inmerso nunha campaña para cambiar os nomes franquistas das rúas da cidade decidiu nomealo fillo predilecto a título póstumo,  e decicarlle unha rúa que leva o seu nome.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...