López Campos anuncia a licitación das obras para restaurar o retablo da igrexa de San Xián de Laíño de Dodro

07 Xuño 2024

A Xunta licitou as obras para restaurar o retablo de San Xosé da igrexa de San Xián de Laíño, situada no concello de Dodro. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita a este ben da época barroca e incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

López explicou que no caso concreto desta actuación o Goberno galego destina 35.000 euros para recuperar o retablo de San Xosé completando así a restauración dos tres retablos desta igrexa parroquial despois de que o verán pasado se actuase no retablo maior e, hai catro anos, no lateral.

Os traballos que se van poñer en marcha na actualidade pretenden deter e solucionar as patoloxías que afectan ao retablo causadas pola temperatura, humidade e ataques de insectos xilófagos que se alimentan da madeira, como poden ser os térmites. Ademais, tamén se actuará sobre a policromía, afectada polo paso do tempo, e nos vernices e repintes.

Para poder desenvolver estes traballos, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude conta cun convenio de colaboración coa Diocese de Santiago de Compostela para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios que permitan a execución das actuacións de conservación e restauración en varios inmobles eclesiásticos, entre os que se atopa esta igrexa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.