Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira interviñeron este mércores 4 de xuño en dous operativos destinados á extinción de dous colectores do lixo incendiados en distintos puntos do centro urbano da Pobra do Caramiñal.
O primeiro deles foi notificado ás 02:55 horas e afectou a un dispositivo situado na rúa María Mariño, mentres que o segundo tivo lugar ás 04:38 horas e saldouse co incendio dun colector na rúa da Unión.