Estudantes de galego en Londres visitan Arousa a través do programa Viaxe da Lingua

05 Xuño 2024

Unha vintena de rapaces e rapazas, dos case medio cento que estudan galego no Instituto Cañada Blanch de Londres, están a visitar Galicia a través do programa Viaxe da Lingua 2024, co que colabora a Xunta a través das secretarías xerais da Lingua e de Emigración. O obxecto desta iniciativa é promover o achegamento deste alumnado estranxeiro á realidade cultural e patrimonial da comunidade. 

Estes rapaces chegaron o pasado luns 3 de xuño están a visitar Santiago de Compostela, A Coruña e as Rías Altas, Pontevedra e as Rías Baixas dentro dun amplo programa de actividades no que estarán presentes a cultura, a arquitectura e a natureza.

En concreto, visitaron xa o conxunto histórico de Compostela, despois de ter feito un treito do Camiño de Santiago, e tamén visitarán o de Pontevedra.

O programa de actividades inclúe achegarse aos museos pedagóxicos e universitarios e todos os museos científicos coruñeses; vilas mariñeiras, como Combarro ou Cambados; parques naturais, como a Illa de Arousa ou espazos protexidos, como o illote de Areoso.

Ademais, manterán intercambios culturais con alumnado galego e practicarán actividades de natureza e deportivas.

A viaxe rematará este venres 7 de xuño nun acto despedida na Cidade da Cultura de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.