Este venres 28 de xuño entréganse en Ribeira, da man da Asociación de Empresarios, os premios da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico que se desenvolveu os días pasados na praza de España de Santa Uxía, organizada pola patronal ribeirense. A cita será ás 13.15 horas deste venres no local que a Asociación de Empresarios ten no 13 da rúa Rosalía de Castro.
Os premios consisten en 3 bonos agasallo de 300, 200 e 100€ para gastar nos concesionarios participantes. O sorteo farase entre todos os tíckets de compra dos establecementos asociados subidos á web da asociación (www.empresariosriveira.com) e selados na Feira do Automóbil. En total, 600 euros.
Tamén se van sortear os préstamos de 7 vehículos eléctricos durante un fin de semana a elixir polos afortunados. Esta iniciativa será posíbel grazas á contribución das marcas participantes: Opel, Jeep, Fiat, Citroën, Peugeot, Audi, BMW, Toyota (Compostela Móvil), Lexus, Mercedes, Kia, Skoda, Ford e Hyundai.




