
A primeira edición do Recital Poético Mariña Mariño do Concello de Boiro celebrarase este 8 de xuño no Pazo de Goiáns, a partir das 19.00 horas.
O recital contará coa participación de poetas locais como son Anxos Castro, Ana Lojo ou Juan A. Castro Parada; pero tamén outros poetas doutras localidades como O Grove, Sanxenxo, Pontevedra, Ponteareas… (Queco Fresco, Silvia Figueiras, Uxío Torreira, Sonia Melón, Xaquín Castro, Ana Beleén Corbacho, Daniel Costa, Mar Míguez, Eduardo Carreira ou Ainhoa Conde).
A xornada vai consistir nun recital con tempo limitado para cada unha das autoras e autores. Contarase ademais cunha vertente musical ao principio e ao final de cada intervención a cargo grupo Menestreis na que van a interpretar poesía medieval, cantigas profanas, escarnio…
A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu na presentación desta cita cultural a implicación de todas e todos as/os participantes I Recital Poético “que vai traer a Boiro e ao Pazo de Goiáns unha nova actividade que non se tiña celebrado ata o momento pero que está moi vinculada á historia de Goiáns a través da figura de María Mariño”.
Tamén haberá un micro aberto, todos aqueles que queiran participar terán que mandar un correo para inscribirse ao correo centrosocial@boiro.org”.



