Carlos Bernárdez e Xosé Ramón Mariño presentarán no Museo do Gravado o seu percorrido polos animais pétreos na arte medieval galega

23 Xuño 2024

A Asociación Cultural Barbantia organiza esta vindeira semana, o venres 28 de xuño, a presentación dun libro que pon o foco e recupera unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico: as múltiples e variadas representacións de animais que están presentes en boa parte das manifestacións artísticas dos pasados séculos, nas marxes dos manuscritos, na escultura decorativa, nos capiteis, nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro.

Estamos a falar do libro Bestiario en Pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega (editado por Laiovento), obra de Carlos L. Bernárdez e Xosé Ramón Mariño Ferro.

Presentarase o vindeiro venres 28 de xuño, ás 20,30 h, na sala 2 do Museo do Gravado, Lugar de Outeiro 52, Artes, Ribeira. Intervirán Carlos L. Bernárdez (autor), Xosé Ramón Mariño Ferro (autor), Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (director do Museo do Gravado), María Xesús Blanco (presidenta da A. C. Barbantia e Luís A. Pérez Barral (presidente da FMAG e alcalde de Ribeira).

Ficha do libro

Os temas e motivos simbólicos dos animais fabulosos, con paralelos en Europa, presentan en Galiza unha riqueza e unha variedade verdadeiramente extraordinarias. Destacan os conxuntos das catedrais de Santiago e Ourense, da igrexa e do espectacular claustro de San Francisco de Ourense, das igrexas betanceiras, das de Ribadavia e desa xoia que se chama Santiago de Breixa…

Os autores recollen na arte do noso país os exemplos de anfisbenas, basiliscos, bestas apocalípticas, centauros, dragóns, grifóns, harpías, sereas ave e sereas peixe e proporcionan un vasto repertorio de textos antigos e medievais e unha interpretación que permite comprender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.