Boiro acolle unha nova edición o Campus Obradoiro JEALSA que se vai desenvolver entre o 24 e o 28 de xuño

05 Xuño 2024

Boiro acolle este mes de xuño unha nova edición, a XI, do Campus Obradoiro JEALSA de baloncesto, co apoio da conserveira local e máis do Concello boirense. Desenvolverase entre o 24 e o 28 de xuño. Na presentación da actividade, celebrada este 5 de xuño, participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o director xeral do Obradoiro, Hector Galán; Guillermo Outeiral, do Club de Baloncesto Santa Baia; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA.

O Campus está destinado a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos e vaise desenvolver nos pavillóns de Barraña, A Cachada, Santa Baia e Praia Xardín en horario de mañá e tarde. “Estas actividades teñen unha gran importancia e permiten que se manteña a actividade deportiva que se leva a cabo durante o curso escolar, combinada con outras propostas lúdicas”, sinalou o director xeral do Obradoiro, Héctor Galán.

Dende o Club Santa Baia agradeceron ao Concello de Boiro e JEALSA pola súa implicación na actividade deportiva do municipio e a confianza do Obradoiro, “que segue a contar co Santa Baia para desenvolver este campus e que demostra que Boiro é un referente e un atractivo para o deporte”.

Dende JEALSA, Margarita Hermo, fixo fincapé na “importancia das alianzas público-privadas para levar a cabo actividades como esta, pola que xa pasaron máis de 1.000 rapaces e rapazas que practican deporte e que medran en valores como o compañeirismo”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deporte, Marcos Fajardo, afirmou que “para o Concello de Boiro é un orgullo apoiar propostas como estas que veñen dos clubs deportivos e que son sempre moi positivas para o noso concello e para os nosos rapaces e rapazas”.

O Campus ten un prezo de 150 euros para a actividade, 220 euros para aquelas persoas que elixan a modalidade de actividade e comida e 260 euros para actividade, transporte e comida. Ademais, haberá descontos para persoas federadas en baloncesto, abonados ou accionistas do Obradoiro CAB, para membros do CB Santa Baia ou empregados de JEALSA e xogadores da canteira do Obradoiro CAB.

As inscricións están abertas e poden facerse xa na web do obradoirocab.com, onde está dispoñíbel a ficha de inscrición e a información para aboar o pago da matrícula. Máis información tamén no 690 618 872 ou campusboiro@obradoirocab.com.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...