Até 300 clientes dos negocios de Boiro xa se adheriron ao boletín de novas da ABE

25 Xuño 2024

A patronal boirense (ABE) fixo un primeiro balance do nivel de seguimento que está a xerar o seu boletín de novas, que xa conta con 300 usuarios: clientes dos negocios de Boiro que reciben puntualmente información xerada pola asociación e as empresas asociadas. A ABE anunciou que realizará con carácter bimensual un sorteo de 50€ en bonos ABE entre todos os subscritores activos do seu boletín de novas.

Dende abril

O pasado mes de abril a ABE presentaba as novidades do seu sistema de fidelización entre as que destacaba a posta en marcha dun boletín de novas ao que poden subscribirse os clientes para estar ao tento das promocións e actividades que organiza a asociación- Entre as vantaxes de permanecermos subscrito sfiguran o acceso exclusivo a sorteos e promocións como a que agora se pon en marcha e que consiste nun sorteo bimensual entre os subscritores.

Funcionamento e datas dos sorteos

A ABE realizará con carácter bimensual un sorteo de 50€ en bonos ABE entre todos os subscritores activos do seu boletín de novas.

O calendario dos sorteos é o seguinte:

Meses de maio e xuño, sorteo 1ª semana de xullo.

Meses de xullo e agosto, sorteo 1ª semana de setembro.

Meses de setembro e outubro, sorteo 1ª semana de novembro.

Meses de novembro e decembro, sorteo 1ª semana de xaneiro.

Para participar nos sorteo os clientes só teñen que subscribirse ao boletín de novas da ABE a través da propia web da entidade indicado unicamente o seu correo electrónico.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...