Artes (Ribeira) estrea novo parque infantil nas inmediacións do Centro Recreativo

21 Xuño 2024

Artes estreou novas instalacións de lecer infantil na contorna do Centro Recreativo da parroquia ribeirense. O obxectivo fundamental do Concello foi ofrecer equipamentos axeitados á rapazada de Artes e das inmediacións, cun investimento de 110.000€ a cargo do programa da Deputación POS 2022.

O parque infantil está composto por un equipo combinado, un balancín, unha randeeira e 3 xogos de movemento. O pavimento é de caucho continuo para evitar que a rapazada poida mancarse. Ademais do parque infantil, deixarase unha zona de estacionamento de vehículos e instaláronse 2 proxectores LED sobre columnas galvanizadas.

Esta actuación forma parte do plan de renovación de parques que puxo en marcha o Goberno local, un plan que contemplou tamén actuacións nas áreas de lecer de Bandourrío (en Santa Uxía, xa finalizado e aberto), Carreira e nas Abesadas (tamén en Santa Uxía).

O investimento que se fará nos parques mencionados chega a 672.000€. A intención do Executivo local é “seguir actuando noutros parques infantís e zonas deportivas progresivamente para ter espazos nos que a rapazada dispoña de espazos de ocio atractivos e seguros”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.