ARROUPA presenta a primeira memoria de sostenibilidade

21 Xuño 2024

Nun compromiso firme co desenvolvemento sostible foi presentada a primeira Memoria de Sustentabilidade ,baixo estándares GRI , da empresa Arroupa, de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, durante un acto informativo que presidiu Pilar Farjas Abadía, conselleira delegada e directora de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela .Na súa intervención lembrou que na empresa valórase a sustentabilidade “como base fundamental de noso modelo de negocio e eixo estratéxico no desenvolvemento da nosa actividade empresarial; por tanto, entendemos como prioritaria a súa integración en todos os niveis de xestión e no goberno da compañía”.


Características
No documento recóllense os principais esforzos e logros realizados durante o ano 2023.
“Queremos compartir cos nosos grupos de interese a achega da nosa empresa ao desenvolvemento dunha sociedade xusta e aliñada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)”, indicouse durante a presentación. Ao mesmo tempo faise fincapé en que no ano 2023 a empresa acompaño a 36 persoas en itinerarios de inserción e foron recollidas 1.400 toneladas de residuo téxtil
Ano 2015
Arroupa nace no ano 2015 da man de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela como unha empresa de inserción laboral, “co obxectivo de construír unha sociedade inclusiva e solidaria mediante a xeración emprego para persoas en risco de exclusión
social”. A actividade principal de Arroupa, que é a recollida segregada e valorización de residuo téxtil, xera un impacto directo sobre o coidado do medioambiente.

Compromiso
Coa publicación desta Memoria se oficializa o compromiso coa sustentabilidade e “facemos toda unha declaración de intencións: integramos a sustentabilidade no noso día a día, dunha forma real e sincera”, puxeron de relevo os responsables da empresa.
Con este informe, que está dispoñible na páxina web de Arroupa, afiánzase o compromiso coa transparencia mostrando os indicadores de desempeño nos tres ámbitos crave da sustentabilidade: ambiental, social e gobernanza.
“Ademais, permítenos explorar novas oportunidades de mellora e cumprir coas expectativas dos nosos stakeholders”, fixeron
fincapé.
A sustentabilidade
Para Arroupa, a sustentabilidade é parte do seu ADN: “Esforzámonos por integrar prácticas sostibles en todas as nosas operacións, desde a promoción da economía circular á inclusión social. Entendemos que o noso éxito debe ir da man coa protección do planeta e o benestar da comunidade na que operamos. Cada acción que tomamos como empresa ten un impacto, e
é a nosa responsabilidade asegurarnos de que ese impacto sexa positivo e perdurable no tempo”.

Obxectivos e metas
Como empresa de inserción sen ánimo de lucro potencia o desenvolvemento económico de colectivos vulnerables, garantindo condicións de traballo adecuadas tanto en materia de seguridade e saúde como en cuestións de remuneración e horario laboral. Durante o 2023 foron acompañadas a un total de 36 persoas en itinerario de inserción. Oobxectivo é o de incrementar cada ano esta cifra, “facilitando así o acceso ao mercado laboral ordinario deste colectivo, ao mesmo tempo que xeramos traballo decente, crecemento económico, apostamos pola igualdade de xénero e a redución de desigualdades”.
1.400 toneladas
En 2023 incrementouse a porcentaxe de residuo téxtil recolleito respecto ao ano anterior, en total recolléronse 1.400 toneladas de residuo téxtil. A súa posterior valorización permitiu a entrega social en tendas de preto de 11.000 pezas a colectivos vulnerables, unha acción que non só favorece ao medioambiente senón tamén á nosa sociedade en conxunto, apostando por unha economía circular. Respectouse escrupulosamente a xerarquía de residuos, apostando por lle sensibilización e a reutilización do maior número de pezas posible a través das tendas. “Nos próximos anos”, dixeron, “comprometémonos a seguir apostando por unha recollida segregada do residuo téxtil, valorización das pezas dándolle unha segunda vida con impacto directo nos colectivos vulnerables e realizando accións de sensibilización para favorecer un consumo responsable co medioambiente”.
Todo iso foi posible, colaborando con socios estratéxicos e adoptando prácticas empresariais responsables.
Sistema de calidade
Arroupa conta cun Sistema Integrado de Calidade e Xestión Ambiental, implantado e certificado segundo as normas ISO 9001 e ISO 14001.
“Implementamos medidas para reducir a nosa pegada ambiental, promover relacións laborais xustas e fomentar a transparencia nas nosas prácticas comerciais”. Sinalando desde a sensorización de contedores para unha xestión eficiente de roteiros de recollida ata a participación en iniciativas locais de economía circular, cada acción que emprendemos está guiada polo noso compromiso cun futuro sostible.
Ao finalizar a presentación os responsables dos medios de comunicación coñeceron o funcionamento da nave central de Arroupa e o traballo de reciclaxe téxtil que leva a cabo nela.

Outros artigos

Xoves 10, chuvascos diminuíndo cara a noite e lixeira baixa térmica

Na xornada do xoves agárdanse intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes no oeste pola mañá e no interior nas horas centrais do día, remitindo cara á noite. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos,...

+

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...