Os Amigos da UNED Sénior da Coruña e o Son do Pote organizan esta tempada en Lousame unha nova edición do seu ciclo de concertos gratuítos de música tradicional: unha xira polas parroquias que inclúe concertos nos diferentes núcleos do concello barbanzán até o remate do mes de xuño. As actuacións arrincaron este luns 3 de xuño, ás 20.00 horas, no centro da aldea de Fruíme, no adro da igrexa. Proseguirán en San Xusto e no Campo de Fútbol de Vilacova (o luns 10 ás 19.30 e ás 20.30), en Lesende (no centro da Aldea-Fonte ás 20.30, o luns 17), na Aldeagrande de Lousame (o domingo 23 ás 20.30 horas) no lugar da igrexa de Tállara o venres 28 de xuño, cunha homenaxe a Os Pequenos de Tállara, co Grupo Canlebó, Jaitas Blues e O Son do Pote, a partir das 20.00 horas. A entrada é libre e de balde.



