Ángeles Vázquez visita as obras de mantemento do río Artes-Sanchanás, en Ribeira, que afectan a case un quilómetro de percorrido

25 Xuño 2024

A Xunta de Galicia realizou no que vai de ano 78 actuacións de conservación e mantemento en máis de 150 quilómetros de ríos da demarcación Galicia-Costa cun investimento de máis de 980.000 euros. Estes e outros datos foron achegados dende o concello de Ribeira pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que visitou este 25 de xuño o río Artes-Sanchanás, onde puido comprobar os traballos que se están a desenvolver no curso fluvial e que se estenderán até ben entrado xullo.

Vázquez explicou “que este tipo de traballos consisten na retirada de árbores caídas nas canles fluviais, a limpeza das marxes, o control de especies exóticas invasoras e a eliminación de obstáculos que impidan o discorrer libre das augas”. A conselleira engadiu que “os 152 quilómetros nos que se leva actuado desde xaneiro equivalen á distancia que hai entre A Coruña e Vigo e enmárcanse no Plan anual de actuacións en materia de conservación fluvial de Augas de Galicia”. Ao abeiro del execútanse tanto traballos programados como non programados (aqueles solicitados por terceiros ou necesarios por incidencias puntuais), para os que o organismo autonómico conta con 1,5 millóns de euros de orzamento para as actividades desenvolver na segunda metade do ano.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu en que “todos estes labores buscan ter unha mínima incidencia no ecosistema, recuperar o bo estado dos ríos e mitigar os riscos de asolagamento”.

Ángeles Vázquez tamén lembrou que ao labor que realiza a Xunta súmanse as solicitudes que poden presentar os particulares para a retirada de árbores e que, no caso de actuacións de mínimo impacto, adoita tramitarse con celeridade e coa presentación dunha simple declaración responsábel. Segundo dixo, “as accións realizadas este ano dan continuidade ás executadas nos últimos exercicios ao abeiro do plan autonómico de conservación dos ríos da demarcación Galicia-Costa”. Só entre 2022 e 2023 realizáronse preto de 300 actuacións en máis de 430 quilómetros de canles fluviais cun investimento de arredor de 4,6 millóns de euros.

Visita Ribeira

A actuación que visitou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático no río Artes- Sanchanás afecta a un tramo duns 900 metros entre as parroquias de Santa María de Olveira e San Xián de Artes e a previsión é que os traballos se prolonguen durante 20 días.

Entre os labores a desenvolver polos operarios están a retirada de árbores caídas en varios puntos da canle fluvial ou das súas marxes así como a recollida daquela biomasa que obstaculiza o discorrer normal das augas. Os traballos realízanse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras, podadoras e rozadoiras co apoio de distinta maquinaria como un tractor, unha carretilla e un camión.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.