Ambar organizou unhas Xornadas de Formación Xurídica

21 Xuño 2024

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede principal en Frións (Ribeira) organizou unhas Xornadas de
Formación Xurídica abertas á comunidade, ás que tamén asistiron familiares de persoas usuarias do centro e profesionais de Ambar. A actividade tivo lugar na mañá deste 21 de xuño no Centro de Recursos da Asociación.


A formación destas Xornadas foi impartida por Pablo Ferreirós. O tema principal foi a Sucesión Testada e tratouse sobre como realizar a xestión de bens das persoas con medidas de protección xudicial (curatela). Foi, en palabras de Ambar, “unha moi boa oportunidade para empaparse de coñecementos en favor da defensa das persoas con diversidade funcional”.

Estas xornadas fixéronse grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia e a Unión Europea.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.