A X edición da Maker Faire Galicia celebra este sábado a súa primeira xornada

28 Xuño 2024

Área Central (Santiago) será este sábado 29 de xuño o escenario da primeira das tres xornadas independentes nas que se divide a X edición da Maker Faire Galicia, a feira de tecnoloxías abertas, creativas e argalleiras de Compostela. As actividades, que estarán centradas no emprendemento e a innovación social, contan coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica. A responsábel do departamento, María Rozas, participará no acto de inauguración, previsto para as 10 horas.

Na primeira das xornadas da Maker Faire haberá charlas, obradoiros e presentacións de máis de 45 proxectos nas categorías de Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social. O evento arrancará ás 10 da mañá, e ao longo de toda a xornada sucederanse relatorios de diferentes persoas referentes e presentacións de proxectos impulsados tanto desde o sector público como do privado. A xornada finalizará cunha entrega de premios e o concerto de Mary Iglesias.

A concellaría de Promoción Económica participa na xornada do día 29 impulsando unha serie de actividades paralelas, como obradoiros de tattoo, stencil, cúpulas xeodésicas, origami matemático ou pintura de pezas 3D. Tamén haberá un scape room, monólogos científicos e mesmo espectáculos de maxia vinculados á tecnoloxía.

Todas as actividades da xornada da Maker Faire, serán de balde. Ademais, haberá servizo de ludoteca para as crianzas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

Es una buena noticia. Descienden los suicidios. Hace muchísimos años se creó un periódico, que había decido contar solo buenas noticas, su vida en el mercado fue efímera, parece que la gente no necesita conocer buenas noticas, tira más el morbo de lo trágico. La buena...

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...