A revista “Folía 2024” homenaxea ao sector téxtil de Boiro

29 Xuño 2024

O Concello de Boiro fixo no Centro Social da vila, na mañá deste sábado 29 de xuño, a presentación da revista Folía 2024, a revista das Festas do Verán, que homenaxea a todas aquelas persoas vinculadas ao téxtil no municipio, un sector de actividade que foi clave nas décadas pasadas para o desenvolvemento económico, social e tecnolóxico do concello. O alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Cultura, María Outeiral, e o técnico de cultura, Alberto García; participaron na presentación.

Segundo lembraron, a revista Folía editase cada ano polo Concello de Boiro para acoller o programa das festas do verán que este ano se celebran entre o 5 e o 10 de xullo. Ademais da axenda detallada de festexos, esta revista conta sempre con artigos de opinión de colaboradores habituais, información dos comercios locais e un apartado destinado ao colectivo homenaxeado, que este ano, como dixemos, será o sector téxtil.

Na presentación recordaron tamén que “polos anos sesenta Boiro foi unha potencia no sector, chegando a estar activas no concello catro grandes fábricas de punto: Jealfer, Madó, Permist e Maperlán. Boiro sempre foi un importante motor industrial, empresarial e emprendedor; unha idiosincrasia propia que se mantén na actualidade, que nos define e que nos sitúa como un referente”, recoñeceu o alcalde.

Ademais do colectivo homenaxeado, esta edición de Folía recolle escritos de persoas de Boiro que forman xa parte da “nosa historia, da propia historia da publicación, que ten arredor de 60 anos, e da historia de Boiro. Esta revista non solo acolle o programa das festas, senón que ten tamén un compoñente cultural moi importante“, afirmou Alberto García, engadindo que a publicación ten “un claro obxectivo, que é o de dar a coñecer o programa das festas que este ano comezan o venres 5 de xullo e prolongaranse ata o mércores 10”. Serán, engadiu, seis días de festexos con actividades culturais e festivas pensadas para todos os públicos.

“Para facer este programa de festas pensamos en todo o mundo, en que a xente de todas as idades pois desfrutar das festas porque son as de todos os veciños e veciñas de Boiro”, recoñeceu a concelleira María Outeiral que debullou o programa de actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.