A mostra interactiva da Deputación sobre o Pacto Verde Europeo chega en xullo a Rianxo (e en setembro a Lousame)

18 Xuño 2024

A exposición Pacto Verde Europeo da Deputación da Coruña (Europe Direct A Coruña) chega este verán a dous concellos do Barbanza: Rianxo e Lousame.

O obxectivo desta mostra, que recala en Rianxo do 12 ao 29 de xullo, é dar a coñecer entre a cidadanía o Pacto Verde Europeo e transmitir a relevancia da transición ecolóxica e as propostas da Comisión Europea para lograr a neutralidade climática en 2050.

Xa en setembro a iniciativa fará unha parada en Lousame, entre os días 13 e 27 do devandito mes, na Casa da Cultura de Portobravo.

O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da UE para avanzar cara un sistema económico sostíbel, moderno e competitivo que sexa capaz de facer un uso eficiente dos recursos. Como se explica de maneira accesíbel nos paneis, o obxectivo inicial é reducir as emisións nun 55% ata 2023 como primeiro paso para acadar a neutralidade climática no ano 2050.

A xira da exposición iniciouse o 14 de xuño no concello de Carral, onde poderá visitarse ata o 28 de xuño na praza Campo da Feira.

Cada parada estará acompañada dunha actuación artística que introducirá ao público na temática medioambiental a través de malabares, acrobacias e equilibrios.

A mostra, realizada con materiais reciclados e reutilizábeis, fará a segunda parada no concello de Negreira entre o 28 de xuño e o 12 de xullo. A performance terá lugar o día da inauguración, o 28 de xuño, ás 20 horas xunto a pista polideportiva do Parque do Coto. Entre o 12 e o 29 de xullo a exposición estará no concello de Rianxo, na praza da Manuela. Alí será tamén a actuación de apertura da mostra, o 12 de xullo ás 13 horas. Para pechar o percorrido, a mostra viaxará ao concello de Lousame, onde estará na Casa da Cultura de Portobravo entre o 13 e o 27 de setembro. A actuación terá lugar o 17 de setembro ás 12.30 horas.

A mostra busca tamén a participación do público asistente a través de dúas experiencias interactivas ás que se pode acceder dende o teléfono móbil.  A primeira delas é Estación Verde, un entorno virtual en 3D no que se aloxan vídeos realizados polo alumnado de centros galegos con consellos sobre sostibilidade, contidos didácticos, unha versión virtual da mostra e un punto informativo sobre as funcións do centro Europe Direct A Coruña, aos que se pode acceder escaneando códigos QR.

Tamén está dispoñíbel o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room en liña deseñado para poñer a proba os coñecementos sobre o coidado do medio ambiente do público de todas as idades.

Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.